Xornada de Clausura - Emprendendo e Cooperando


O martes 26 de outubro de 2010 tivo lugar no salón de actos do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo a xornada “Emprendendo e Cooperando” como conclusión das actividades de fomento e promoción do cooperativismo levadas a cabo polo Concello de Lugo durante o mes de outubro e subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

O programa da xornada desenvolveuse do seguinte xeito:

10:30 – Entrega de documentación. Dentro da documentación, achegáronse os dous caderniños de cooperativismo, información relacionada co ente organizador e mostras de produtos proporcionado polas cooperativas que interviñeron na xornada.

11:00 – Inauguración da xornada realizada pola concelleira de Economía e Emprego, D.ª Sonia Méndez.



11:15 – Iníciase a mesa redonda conducida pola concelleira de Economía e Emprego, coa exposición das experiencias de catro membros das cooperativas invitadas:

Milhulloa, representada por Carmela Valiño Vázquez - socia fundadora.
Como Cabras, representada por Jorge Luís Rincón Suz - socio fundador.
Moega, representada por Mª Paz de la Fuente Romay – presidenta.
Erica Mel, representada por Gonzalo Calvo Díaz, veterinario de AGA - Asociación Galega de Apicultura- e socio traballador da cooperativa.
Cada un deles e durante un tempo non superior a 20 minutos, relatou os comezos da súa andaina cooperativista e describiu o seu modelo de negocio, tanto no inicio como na actualidade. O material empregado polos relatores foron imaxes, presentacións en Microsoft Power Point e un vídeo promocional, respectivamente. A esta xornada asistiron en torno a 50 persoas, aínda que non todos asinaron a lista de asistentes.




12:20 – A xornada continuou coa entrega de premios dos/as gañadores/as dos “Concursos de fotografía e imaxe corporativa de cooperativismo e valores galegos”, que entregaron D. Xoán Miguel Concheiro Abal -Subdirector Xeral de Cooperativismo e Economía Social, D.ª Sonia Méndez -concelleira de Economía e Emprego-, D.ª Carmen Basadre -concelleira de Muller e Benestar Social-, e D.ª Mª Esther Muñoz Mella -directora da Escola de Arte Aplicada e Superior de Deseño Ramón Falcón.

As gañadoras dos premios do “Concurso de fotografía, cooperativismo e valores cooperativos”, foron:

1º premio: Begoña Pérez López.
Premio entregado: Ultraportátil Acer Aspire One.
2º premio: Alba Navarrete Rodríguez.
Premio entregado: Disco duro Multimedia.
3º premio: María Teresa Crende Otero.
Premio entregado: Marco Dixital.

Os/as gañadores/as dos premios do “Concurso de Imaxe Corporativa Cooperativismo Galego”, foron:

1º premio: Lucía Sanmartino Cuesta.
Premio entregado: Ultraportatil Acer Aspire One.
2º premio: Anxo Vizcaíno López.
Premio entregado: Disco duro Multimedia.
3º premio: Jonay Quintana Cabrera.
Premio entregado: Marco Dixital.






12:40 – Clausura da xornada a cargo da Concelleira de Economía e Emprego, D.ª Sonia Méndez.

12:50 – Degustación de produtos achegados polas cooperativas Como Cabras, Milhulloa e Erica Mel. Os produtos a degustar foron os seguintes: Infusións Té Vermello, Melisa e Menta de Milhulloa; queixo de cabra curado, queixo de cabra en aceite e crema de queixo de cabra de Como Cabras e mel de Erica Mel.





Visitas ás cooperativas - Amegrove


VISITA A AMEGROVE

A xornada comezou ás 8:45 da mañá, o xoves 21 de outubro, coa saída do autobús que nos levaría ata O Grove, desde a porta do Instituto Masculino. Chegamos ao Grove ás 10:40 horas e dirixímonos ao lugar onde quedaramos cos/as monitores/as de Praxe & Ocio, empresa que colabora coa cooperativa Amegrove para a realización das visitas polas instalacións da mesma, e que nos guiaron ao longo da mañá.

Amegrove é unha empresa basada nun minifundio de pequenas explotacións de ámbito familiar creada no ano 1977 e adicada ó cultivo e a comercialización do mexillón. Actividade que se reflexa tanto na venta á propia empresa, coma na venta a outras depuradoras.
Polo de agora a producción de AMEGROVE destínase aproximadamente nun 95 % ó consumo en fresco e o resto a conserva, pero é a nosa intención que coa recente creación de FRIGOAMEGROVE se destine parte desta producción á venta de mexillón cocido, precocinado, pasteurizado, etc.

A visita iniciase á beira do porto no que entra o mexillón e explicouselle ao alumnado o inicio da produción de mexillón do campesiñado local hai xa un século, da distribución das bateas na ría, das características principais dunha batea, da produción dunha batea…

Ás costas do lugar onde nos atopabamos había un Centro de Interpretación do Mar, onde o alumnado recibiu unha explicación con material audiovisual sobre a colocación das crías de mexillón nas cordas da batea para engordalas durante 6 meses na ría. Rematada a explicación, subimos ao primeiro andar, onde se lles explicou como se producían as cordas que colgaban da batea. Tamén puideron gozar dun obradoiro no que se lles facilitou un anaco de corda e unha bóla, para poder facer un chaveiro de nó.

Abandonamos o Centro de Interpretación para dirixirnos á cooperativa AMEGROVE e decidimos dividir o grupo en dous para que poideran visitar as instalacións máis facilmente. Visitáronse varias zonas polas que pasa o mexillón desde a súa chegada nos barcos: o laboratorio onde se analiza o mexillón e se comproba se é apto para o consumo humano, a nave onde se depuran durante 4 ou 5 días, a sala de limpeza do mexillón, a separación do mexillón que se consumirá fresco e o mexillón que se vai conxelar, o proceso de conxelación do mexillón e o envasado.

Despois de coñecer todo o proceso do mexillón, fomos degustar o produto. Os/as guías aproveitaron este momento para facilitarlle ao alumnado material informativo de AMEGROVE, así como unha listaxe de receitas para cociñar o Mexillón de Galicia. Ás 14:00 horas dase por rematada a visita a cooperativa.

Deseguido mostramos algunhas imaxes da visita.








Visitas ás cooperativas - Coren


VISITA A COREN

É a rede de cooperativas avícolas e gandeiras máis importante de Galicia.

En 1959 comeza a andadura da nova compañía. Eulogio Gómez Franqueira é nomeado Xerente da Unión Territorial de Cooperativas Ourensanas (UTECO). Franqueira comezou entonces un proxecto de saneamento da empresa, marcando os produtos en orixe co fin de obter mellores prezos. En 1962 Uteco constitúe a Cooperativa Provincial Ganadera, que lle compraba a unha empresa estadounidense, Swift, os polos e os piensos compostos para alimentalos. É entón cando UTECO comeza a construír unha fábrica para a creación de piensos compostos baixo a licencia desta empresa, pero as ganas de independizarse da empresa norteamericana, fai que en 1965 rompan o pacto, e xusto nese ano nace unha cooperativa adicada exclusivamente á elaboración de piensos compostos para a cría de animais.

En 1966, a xa denominada Coren pon en funcionamento un matadeiro avícola e a primeira planta de incubación de Galicia, ó mesmo tempo que se preparan para entrar no mercado vacuno. En 1968, as empresas de Coren crean a súa propia rede comercial, e en 1970 constrúese a central leiteira e a clasificadora de ovos no parque empresarial de San Cibrao das Viñas (Ourense). Con esta aparición, Coren extendía o seu mercado ó gando porcino coa creación dunha nova cooperativa.

En 1975 Coren sae de Galicia e inaugura a primeira planta en Alcobendas (Madrid), e ademáis constrúe a segunda fábrica de compostos alimenticios. En 1980, UTECO convírtese en Cooperativas Orensanas Sociedad Cooperativa Limitada.

Xa en 1987, co ingreso de España na Comunidade Económica Europea, Coren asumíu, para un período de catro anos, a representación ante a CEE de todolos produtores españois de polos e ovos. En 1990 Coren chega a Portugal por medio da creación de Lourinho Conservas de Carne Ltda. En 1995 Coren chega a Arxentina, e en 1998 a Rumanía.

No 2000 Coren inaugura unha planta de piensos en Lugo, en Outeiro de Rei. De este xeito, Coren garante o suministro inmediato ás granxas propias e a clientes de piensos situados en toda a xeografía galega. No ano 2001 púxose en marcha a Planta de Nutrición Animal de Bonxe, unha referencia no sector dotada da última tecnoloxía, onde se elaboran os alimentos equilibrados para a correcta nutrición das distintas especies animais ás que van dirixidos (avícola, porcina, vacuna e cunícola), cunha produción de 857.000 toneladas de piensos.

Ésta última é a planta que se foi a visitar o venres 22 de outubro cos alumnos de 2º de BAC do I.E.S. Xoan Montes, cun total de 14 asistentes e unha profesora.

A visita desenvolveuse de xeito satisfactorio vendo en primeiro lugar o funcionamento da planta, o mecanizado, os distintos tipos de piensos que produce, a distribución… ata chegar a unha sala de conferncias onde se lles explicou ós alumnos de xeito pormenorizado, os inicios da cooperativa, como foi evolucionando, ata chegar a balances de contas e sistemas de xestión. Todo isto rematou cunha rolda de múltiples preguntas e curiosodades por parte dos alumnos que se resolveron de xeito máis que acertado.








Visitas ás cooperativas - Erica Mel




VISITAS A ERICA MEL

É a cooperativa creada por iniciativa dun grupo de socios de AGA fai vinte anos. O motivo da súa creación foi a necesidade de comercializar o mel dos socios, que pouco a pouco foi aumentando gracias á formación e asistencia que a asociación propiciou ós seus asociados. A misión de Erica Mel é apoiar a comercialización dos produtos apícolas dos socios, achegar o mundo apícola ao gran público, sumando ademáis unha oportunidade para o desenvolvemento local. A maioría dos cooperativistas de Erica son pequenos apicultores, que utilizan a apicultura como unha actividade complementaria con outros oficios e que forman unha gran rede social cunha misión fundamental: preservar a abella, o principal polinizador, gracias ó cal consérvase a biodiversidade e prodúcese a maior parte da alimentación do ser humano.

Esta cooperativa esta anexa ó Centro do Queixo e do Mel. Este é un centro de divulgación e promoción do Mel de Galicia e do Queixo Arzúa-Ulloa. A través de diferentes actividades, como visitas de grupos, degustacións, obradoiros e cursos, o centro trata de dar a coñecer estes nosos produtos de gran tradición na gastronomía galega. Especial importancia ten o colectivo de apicultores, xa que unha grande parte da actividade do centro diríxese a estes, co obxectivo de formar a abelleiros e abelleiras hacia a apicultura sustentable e multifuncional.

A esta cooperativa realizáronse tres visitas:

Mércores 13 de outubro con alumnos de 3º da ESO do I.E.S. Nosa Señora dos Ollos Grandes: 13 alumnos asistentes e dous profesores.





Mércores 20 de outubro co centro ALUME (Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais): 20 asistentes e dúas monitoras.






Martes 26 de outubro con alumnos de 1º de BAC do I.E.S. Xoan Montes: 28 alumnos e dúas profesoras.







Estas visitas desenvolvéronse satisfactoriamente, comezando polo Centro do Queixo e do Mel, onde reciben unha explicación de cómo traballan as abellas, de xeito cooperativo igualmente, podendo ver unha colmena, dos produtos que nos ofrecen, dos problemas que teñen e da importancia do seu coidado, para pasar á cooperativa, onde se explica a súa historia e o seu funcionamento. Dende as colmenas dos socios ata a comercialización do mel, podendo ver todalas instalacións e todo o proceso. Para rematar obséquiase ós asistentes a unha degustación de distintos tipos de mel e Queixo Arzúa-Ulloa.

Visitas ás cooperativas - Milhulloa


VISITA A MILHULLOA

Milhulloa é unha empresa que se adica ao cultivo ecolóxico, transformación e comercialización tanto de plantas medicinais como de hortalizas. Está situada en Palas de Rei, na provincia de Lugo, xunto ó Camiño Francés ó seu paso pola Comarca da Ulloa.
As socias traballadoras, fundadoras desta iniciativa, aproveitaron a posibilidade de crear autoemprego co obxectivo de ofrecer unha alternativa ós cultivos tradicionais que incrementasen a rendabilidade da terra e mellorase a conservación da diversidade.
Ó empregar técnicas de cultivo ecolóxico, Milhulloa obtén produtos de maior calidade para o consumo, á vez que contribúe á conservación do medio ambiente. Entre os criterios de selección de especies a cultivar destacan as plantas autóctonas da Comarca da Ulloa e de valor comercial.
É a única empresa galega que se adica á produción de plantas aromáticas e infusións mediciñais, pero tamén de vexetais deshidratados, oleatos, especias, etc. Encárganse de todo o proceso de elaboración do produto, dende o cultivo ata a súa transformación e comercialización final para a venda.
Ademáis dunha extensión de 10 hectáreas de cultivos e unha pequena industria onde desenvolven a súa actividade produtiva, contan cunha parcela experimental, enfocada á innovación, onde investigan como optimizar os cultivos e garantir a súa calidade e riqueza en principios activos. Tamén realizan talleres de cosmética natural, fitofortificantes e propagación de plantas mediciñais.
A empresa obtivo varios premios nos últimos anos. Pola súa contribución á innovación no entorno rural foron galardoados con dous “Premios Agrarios de Galicia” da Consellería, na modalidade de Muller Rural Emprendedora. No ano 2004, obtiveron un segundo accésit en innovación na Feira Internacional Semana Verde de Galicia. En 2005, recibiron o “Premio á promoción do cooperativismo” nos IV Premios de cooperación, e o 3º Premio AGADER ás iniciativas de desenvolvemento rural. En 2007, conseguiron o “Primeiro premio ás actividades produtivas no medio rural” pola súa contribución e posta en valor do territorio histórico do Camiño Francés.
Milhulloa desenvolve a súa actividade baixo criterios de produción ecolóxicos supervisados a través do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), da que forman parte. Ademáis conta co respaldo do Banco da Muller.

Esta visita levouse a cabo o luns 11 de outubro con 21 alumnos do I.E.S. Nosa Señora dos Ollos Grandes e dous profesores. As socias traballadoras explicaron como xurdiu a idea de montar esta cooperativa, a súa experiencia e o funcionamento da cooperativa. Rematou cun diálogo entre todos e cunha degustación de infusión de melisa, que producen elas mesmas.





Catálogo Cooperativas 2010


Inicialmente unha das actividades comunicadas á Consellería de Traballo e Benestar era a realización dun CD/DVD que agrupase a diversas cooperativas galegas para que servise de promoción das mesmas. Por cuestión de tempo foi imposible realizalo e a todas aquelas cooperativas que manifestaran o seu interese en ser incluidas no devandito CD/DVD ofreceuselles a oportunidade de recollelas no presente blog, deste xeito crease este catálogo con 9 cooperativas de Galicia que decidiron servir como exemplo á hora de mostrar o éxito que se pode lograr mediante esta forma de traballo.


Destacar que as 9 cooperativas que participan neste catálogo son:

- Xatogal

- Avega

- Colupa

- Equal

- Erica Mel

- Loureiro

- Milhulloa

- Colexio Ferroviario

- O Pereiro


O IES Lucus Augusti no CEI-Nodus, visita ao centro e taller-obradoiro cooperativo


Preto de 150 alumnos e alumnas dos centros da ESO da cidade participan desde hoxe nunhas xornadas formativas no CEI-Nodus

O Concello de Lugo continúa a promover entre a mocidade lucense a creación de empresas na forma xurídica de cooperativa, así como promover os valores de solidariedade e voluntariedade, valores positivos para a sociedade en xeral.

Nesta ocasión, a Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, organizou unha serie de actividades formativas de promoción e fomento do cooperativismo dirixidas a alumnos de ESO dos centros de ensino da cidade de Lugo.



O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo acolleu o 18 de outubro a primeira xornada formativa na que participaron 23 alumnos e alumnas do IES Lucus Augusti. Os mozos e mozas recibiron unha charla teórico-práctica sobre o autoemprego e a creación de cooperativas. Despois participaron na realización dun taller práctico no que se reproduce a forma de traballo característica das cooperativas.












O IES Leiras Pulpeiro no CEI-Nodus, visita ao centro e taller-obradoiro cooperativo


O 20 de outubro tivo lugar nas instalacións do CEI-NODUS a terceira xornada das programadas polo Concello de Lugo para a promoción e fomento do cooperativismo. Nesta ocasión os participantes foron 37 alumnos e alumnas do IES Leiras Pulpeiro.


Os mozos e mozas recibiron unha charla teórico-práctica sobre o autoemprego e a creación de cooperativas. Despois participaron nun taller de manualidades no que se reproduce a forma de traballo característica das cooperativas.


Taller - Obradoiro