Monólogo sobre o cooperativismo





Con esta actividade o Concello de Lugo tratou de promocionar a cooperativa como unha opción de emprendemento, pero dende un punto de vista máis lúdico e entretenido.
O actor e monologuista Cándido Pazó, durante a súa actuación conseguiu que os asistentes participaran e interactuaran con el; ademais encadeou unha serie de contos e relatos relacionados co traballo por conta allea e fixo referencia tamén ás dificultades que atopa o cooperativismo na ideoloxía galega, máis acostumada á independencia laboral.







Nesta xornada ademais tivo lugar a entrega dos premios de fotografía e marketimg dos que informamos con anterioridade.







Nesta entrega participaron:

• Dna. Begoña Barreiro Fernández; Vicerreitora Adxunta de Oferta e Xestión Académica da USC.
• Dna. Esther Muñoz Mella; Directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón.
• D. Juan Miguel Concheiro Abal; Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social
• D. José Clemente López Orozco; Alcalde do Excmo. Concello de Lugo.
• Dna. Sonia Méndez García; Concelleira de Promoción Económica e Emprego.

Actividades formativas: Outro impulso ao cooperativismo






Esta proposta tivo como obxetivo promover o coñecemento e o fomento do cooperativismo entre alumnos de Secundaria de diversos institutos de Lugo.

 O programa consistía en:

- Presentación
- Presentación Europe Direct: Explicación por parte de Europa Direct das posibilidades que se lle ofrecen no Espazo Lab, tanto de atopar un traballo, como becas de prácticas laborais promovidas polo Concello de Lugo ó extranxeiro ou formación.
- Charla Cooperativismo: Na que os puntos máis importantees foron:

• ¿Qué é iso do traballo?
• Emprender, ¿unha opción máis?
• ¿Qué é o cooperativismo?
• ¿Cómo se organiza unha cooperativa?
• ¿Qué necesito para montar unha cooperativa?
• Da idea á realidade: trámites.


- Visita guiada CEI- Nodus
- Visita guiada Espazo Lab
- Taller cooperativismo: A proposta deste taller consistía na realización dun mural sobre a muralla de Lugo e Europa. O mural dividiuse en catro paneis e cada instituto tiña un panel para pintar.

 Centros de ensino participantes:

- IES Leiras Pulpeiro
- IES Xoán Montes
- IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
- IES Lucus Augusti

Gañador do concurso ideas de marketing para productos de cooperativas 2009

O grupo "Xoves Ideas" integrado por Alicia Freije Ferreiro e Eva Sánchez Corredoira, estudiantes do colexio Salesiano "Divina Pastora" de Lugo, foi o gañador do concurso de Ideas de Marketing coa súa proposta: TERRA A NOSA, o mellor sabor da mellor terra.


Este proxecto tiña por finalidade presentar a promoción de alimentos de calidade feitos en Galicia de xeito artesanal polos nosos cooperativistas, baixo a marca TERRA A NOSA.


Os productos incluídos son:

- Queixos de O Cebreiro, San Simón da Costa, tetilla e Arzúa-Ulloa.
- Mel de Galicia
- Masa de facer filloas envasada en tetra-briq
- Pementos de Padrón
- Preparado para facer caldo galego
- Viños galegos
- Queimada embotellada semi-elaborada
- Cestas de mimbre artesáns
- Olas e xarras de barro
- Panos de liño artesáns

Concurso de ideas de marketing para productos cooperativos 2009




• Obxecto
O obxecto deste concurso é estimular e apoiar a comercialización de produtos e servizos cooperativos mediante propostas de marketing innovadoras que chamen a atención do potencial cliente e o propicien a súa compra.

• Persoas destinatarias
Poderá participar neste concurso o alumnado de centros de ensino secundario, FP, e da USC do Campus de Lugo.

• Proxectos
Os proxectos terán por obxecto o impulso da comercialización de produtos e servizos cooperativos mediante a proposta de ideas de marketing innovadoras que chamen a atención sobre eles e propicien a súa compra polos potenciais clientes. Serán rexeitados todos aqueles proxectos que atenten contra a política municipal en materia de igualdade, solidariedade, non violencia, respecto á diferenza, e todas aquelas que presiden e informan a actividade municipal.

• Presentación dos proxectos
Poderán presentarse proxectos individuais ou colectivos. Cada persoa poderá participar nun só proxecto individual e/ou nun só proxecto colectivo. Para os proxectos colectivos establécese un máximo de tres persoas por grupo.

• Prazo
Os proxectos presentaranse antes do 31 de outubro de 2009 no Centro de Servizos Municipais, Rexistro Xeral do Concello de Lugo, ronda da Muralla, número 197, 27002 Lugo.
Os textos entregados fóra de prazo non serán admitidos no concurso.
Deberá presentarse unha copia de cada proxecto escrita en galego, en papel formato A4 (DIN-A4, 210 x 297), claramente impresa a espazo simple en Century Gothic 12 ou tipo de letra similar, e nunha soa das caras da folla. A extensión máxima dos proxectos será de 10 follas (incluíndo no cómputo os anexos). Ademais será obrigatorio enviar os proxectos en formato electrónico de forma complementaria ao envío en papel.

• Documentación
• Cada proxecto presentarase asinado cun pseudónimo na portada e acompañado por un sobre, debidamente pechado; na súa fronte indicarase “Concurso ideas de marketing para produtos e servizos cooperativos (CEI-NODUS)” e o pseudónimo usado pola/s persoa/s autora/s. No interior dese sobre deben figurar os datos persoais e de contacto do/a autor/a para os proxectos individuais e de cada un dos compoñentes do grupo de traballo nos proxectos colectivos: nome e apelidos, DNI ou número de pasaporte, domicilio, teléfono, e enderezo de correo electrónico, se o tivese; ademais dos datos do centro de ensino ou universidade onde estea cursando estudos. O dito sobre permanecerá invariablemente pechado, a excepción dos correspondentes proxectos que acaden o premio.
• Cada proxecto entregado estará acompañado ademais dunha nota escrita pola/s persoa/s autora/s e asinado co seu pseudónimo, na cal aceptará expresamente as bases e condicións do concurso, e declarará que a obra é da súa autoría, inédita, que non foi presentada a outro concurso pendente de resolución e que non ten cedidos ou prometidos os dereitos de edición e/ou reprodución en calquera forma con terceiros. No sobre pechado indicado anteriormente, incluirase unha certificación asinada co nome e apelido da persoa autora, na que esta se fai expresamente responsable da veracidade e exactitude da declaración mencionada neste parágrafo. No caso de faltar este requisito, o proxecto quedará excluído do concurso.

• Xurado e avaliación
• Os proxectos presentados serán avaliados por un xurado composto polos seguintes membros:
- 1 Representante da Concellería de Economía e Emprego do Concello de Lugo.
- 1 Representante da Concellería de Xuventude do Concello de Lugo.
- 1 Representante da Delegación Provincial do Consello Galego de Cooperativas.
- 1 Representante da Universidade de Santiago de Compostela.
• Avaliarase a coherencia e viabilidade económica das accións de marketing propostas.
• O premio será outorgado polo xurado; a decisión tomarase por unanimidade ou, se non, por maioría de votos, e será inapelable. A resolución darase a coñecer no transcurso do acto público que se celebrará para proceder á entrega de premios e para a promoción do cooperativismo.
• O xurado poderá declarar o premio deserto.

• Premios
O/s autor/es ou a/s autora/s do mellor proxecto recibirá/n como premio un ordenador portátil Netbook.

• Difusión proxectos
• O outorgamento dos premios establecidos neste concurso implica, sen necesidade de ningunha declaración por parte da/s persoa/s autora/s, o recoñecemento do dereito exclusivo a favor do Concello e Lugo, a reproducir, traducir e difundir os proxectos premiados nas condicións, cos medios a través dos suxeitos, entidades ou institucións que consideren oportunos.
• O Concello de Lugo reservará para si o dereito a difundir o nome e/ou imaxes das persoas gañadoras, polos medios e formas de comunicación que crean convenientes durante todo o tempo que considere necesario e sen obriga de realizar ningunha compensación. Considérase que as persoas participantes no concurso prestaron o seu consentimento ao presentar o proxecto.
• Quen concurse exonera de toda responsabilidade ao Concello de Lugo, no caso de que os proxectos resultasen danados ou destruídos por caso fortuíto ou forza maior, mentres estiveren en poder del. Os materiais presentados non serán devoltos.

• Aceptación das bases
A presentación dun proxecto neste concurso implica a aceptación incondicional destas bases que teñen carácter administrativo, e os seus efectos rexeranse polo establecido nas súas cláusulas, e se non pola normativa xeral que lle sexa de aplicación. Para o seguimento da súa execución ou coñecemento de calquera cuestión sobre a súa interpretación, modificación, resolución ou efectos delas que poidan xurdir acudirase ao Concello de Lugo.

Participantes no concurso de fotografía sobre o cooperativismo 2009


- Guillermo Dacal Pérez: Gañador




- Estefanía Vázquez García: Segunda clasificada




- Costuras




- Akra




- Rachel




- Tati




- Piollo




- Mágico




- Yash




- Xacalunda




- Llum




- Parry




- Terra




- Tulipán




- Xio

Certame de fotografía cooperativismo e valores cooperativos 2009


O Concello de Lugo, dentro das actividades de promoción do cooperativismo, convoca un concurso de fotografía co obxectivo de fomentar os valores cooperativos e o cooperativismo na nosa sociedade.

1ª.- Participantes
Poderán tomar parte no concurso todas aquelas persoas interesadas en participar.

2ª.- Categoría.
Establécese unha única categoría cun único premio, na cal as fotografías deberán facer referencia ao cooperativismo e aos valores que o inspiran.

3ª.- Condicións xerais:

- Cada persoa poderá presentar unha única obra.

- As obras deberán ser orixinais, e non poderán ter participado noutros concursos.

- As fotografías poderán ser realizadas con cámara fotográfica ou teléfono móbil.

- Serán rexeitadas todas as imaxes que atenten contra a política municipal en materia de igualdade, solidariedade, non violencia, respecto á diferenza, e todas aquelas que presiden e informan a actividade municipal.

- No caso de menores de idade, a participación no concurso implicará a autorización tácita dos seus pais, nais, titoras ou titores.

- A participación no concurso supón a cesión de forma gratuíta dos dereitos de comunicación e reprodución pública para a difusión das fotografías polo Concello de Lugo en calquera medio dixital ou escrito.

A remisión das fotografías realizarse a través da entrega delas, persoalmente ou por correo ordinario, nun sobre pechado, no interior do cal figurará a fotografía asinada na súa parte posterior cun pseudónimo, e un sobre que conterá os datos da persoa participante e o pseudónimo empregado. No exterior do sobre que conterá esta documentación figurará o seguinte enderezo: Centro de Servizos Municipais, Rexistro Xeral do Concello de Lugo, ronda da Muralla, número 197, 27002 Lugo, indicando Concurso de fotografía “Cooperativismo e valores cooperativos” (CEI-NODUS).
As fotografías entregadas fóra de prazo non serán admitidas no concurso.

- O prazo de presentación será ata o 31 de outubro de 2009.

- A título informativo, recórdase que o uso de imaxes e música preexistentes necesita a autorización escrita de quen posúa os seus dereitos; se aparecesen persoas recoñecibles a través de primeiros planos ou entrevistas, será necesaria a súa autorización e coñecer para o que están sendo fotografadas

4ª.- Premios e xurado.

Establécese como premio o seguinte:

1º: Unha cámara fotográfica SONY DSCW290

Unha selección dos traballos será exhibida na web http://www.cei.lugo.es/

O xurado estará composto por:
- 1 Representante da Concellería de Economía e Emprego do Concello de Lugo
- 1 Representante da Concellería de Xuventude do Concello de Lugo
- 1 Representante da Delegación Provincial do Consello Galego de Cooperativas
- 1 Representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

Así mesmo, e para os efectos do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa de desenvolvemento, autorízase a utilización dos datos persoais contidos no formulario de participación para o seu tratamento informático na xestión da participación á que se refire.

O Concello de Lugo continúa a promover o cooperativismo entre a mocidade lucense durante o 2009

Nesta ocasión, a Concellería de Economía e Emprego organizou unha serie de actividades formativas de promoción e fomento do cooperativismo dirixidas a alumnos de ESO dos centros de ensino da cidade de Lugo.

- Concurso de fotografía
- Concurso de ideas de marketing para productos de cooperativas
- Xornadas formativas
- Monólogo de Cándido Pazó