Visitas ás cooperativas - Erica Mel




VISITAS A ERICA MEL

É a cooperativa creada por iniciativa dun grupo de socios de AGA fai vinte anos. O motivo da súa creación foi a necesidade de comercializar o mel dos socios, que pouco a pouco foi aumentando gracias á formación e asistencia que a asociación propiciou ós seus asociados. A misión de Erica Mel é apoiar a comercialización dos produtos apícolas dos socios, achegar o mundo apícola ao gran público, sumando ademáis unha oportunidade para o desenvolvemento local. A maioría dos cooperativistas de Erica son pequenos apicultores, que utilizan a apicultura como unha actividade complementaria con outros oficios e que forman unha gran rede social cunha misión fundamental: preservar a abella, o principal polinizador, gracias ó cal consérvase a biodiversidade e prodúcese a maior parte da alimentación do ser humano.

Esta cooperativa esta anexa ó Centro do Queixo e do Mel. Este é un centro de divulgación e promoción do Mel de Galicia e do Queixo Arzúa-Ulloa. A través de diferentes actividades, como visitas de grupos, degustacións, obradoiros e cursos, o centro trata de dar a coñecer estes nosos produtos de gran tradición na gastronomía galega. Especial importancia ten o colectivo de apicultores, xa que unha grande parte da actividade do centro diríxese a estes, co obxectivo de formar a abelleiros e abelleiras hacia a apicultura sustentable e multifuncional.

A esta cooperativa realizáronse tres visitas:

Mércores 13 de outubro con alumnos de 3º da ESO do I.E.S. Nosa Señora dos Ollos Grandes: 13 alumnos asistentes e dous profesores.





Mércores 20 de outubro co centro ALUME (Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais): 20 asistentes e dúas monitoras.






Martes 26 de outubro con alumnos de 1º de BAC do I.E.S. Xoan Montes: 28 alumnos e dúas profesoras.







Estas visitas desenvolvéronse satisfactoriamente, comezando polo Centro do Queixo e do Mel, onde reciben unha explicación de cómo traballan as abellas, de xeito cooperativo igualmente, podendo ver unha colmena, dos produtos que nos ofrecen, dos problemas que teñen e da importancia do seu coidado, para pasar á cooperativa, onde se explica a súa historia e o seu funcionamento. Dende as colmenas dos socios ata a comercialización do mel, podendo ver todalas instalacións e todo o proceso. Para rematar obséquiase ós asistentes a unha degustación de distintos tipos de mel e Queixo Arzúa-Ulloa.

No hay comentarios: