VISITA A COREN
É a rede de cooperativas avícolas e gandeiras máis importante de Galicia.
En 1959 comeza a andadura da nova compañía. Eulogio Gómez Franqueira é nomeado Xerente da Unión Territorial de Cooperativas Ourensanas (UTECO). Franqueira comezou entonces un proxecto de saneamento da empresa, marcando os produtos en orixe co fin de obter mellores prezos. En 1962 Uteco constitúe a Cooperativa Provincial Ganadera, que lle compraba a unha empresa estadounidense, Swift, os polos e os piensos compostos para alimentalos. É entón cando UTECO comeza a construír unha fábrica para a creación de piensos compostos baixo a licencia desta empresa, pero as ganas de independizarse da empresa norteamericana, fai que en 1965 rompan o pacto, e xusto nese ano nace unha cooperativa adicada exclusivamente á elaboración de piensos compostos para a cría de animais.
En 1966, a xa denominada Coren pon en funcionamento un matadeiro avícola e a primeira planta de incubación de Galicia, ó mesmo tempo que se preparan para entrar no mercado vacuno. En 1968, as empresas de Coren crean a súa propia rede comercial, e en 1970 constrúese a central leiteira e a clasificadora de ovos no parque empresarial de San Cibrao das Viñas (Ourense). Con esta aparición, Coren extendía o seu mercado ó gando porcino coa creación dunha nova cooperativa.
En 1975 Coren sae de Galicia e inaugura a primeira planta en Alcobendas (Madrid), e ademáis constrúe a segunda fábrica de compostos alimenticios. En 1980, UTECO convírtese en Cooperativas Orensanas Sociedad Cooperativa Limitada.
Xa en 1987, co ingreso de España na Comunidade Económica Europea, Coren asumíu, para un período de catro anos, a representación ante a CEE de todolos produtores españois de polos e ovos. En 1990 Coren chega a Portugal por medio da creación de Lourinho Conservas de Carne Ltda. En 1995 Coren chega a Arxentina, e en 1998 a Rumanía.
No 2000 Coren inaugura unha planta de piensos en Lugo, en Outeiro de Rei. De este xeito, Coren garante o suministro inmediato ás granxas propias e a clientes de piensos situados en toda a xeografía galega. No ano 2001 púxose en marcha a Planta de Nutrición Animal de Bonxe, unha referencia no sector dotada da última tecnoloxía, onde se elaboran os alimentos equilibrados para a correcta nutrición das distintas especies animais ás que van dirixidos (avícola, porcina, vacuna e cunícola), cunha produción de 857.000 toneladas de piensos.
Ésta última é a planta que se foi a visitar o venres 22 de outubro cos alumnos de 2º de BAC do I.E.S. Xoan Montes, cun total de 14 asistentes e unha profesora.
A visita desenvolveuse de xeito satisfactorio vendo en primeiro lugar o funcionamento da planta, o mecanizado, os distintos tipos de piensos que produce, a distribución… ata chegar a unha sala de conferncias onde se lles explicou ós alumnos de xeito pormenorizado, os inicios da cooperativa, como foi evolucionando, ata chegar a balances de contas e sistemas de xestión. Todo isto rematou cunha rolda de múltiples preguntas e curiosodades por parte dos alumnos que se resolveron de xeito máis que acertado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario