VISITA A AMEGROVE
A xornada comezou ás 8:45 da mañá, o xoves 21 de outubro, coa saída do autobús que nos levaría ata O Grove, desde a porta do Instituto Masculino. Chegamos ao Grove ás 10:40 horas e dirixímonos ao lugar onde quedaramos cos/as monitores/as de Praxe & Ocio, empresa que colabora coa cooperativa Amegrove para a realización das visitas polas instalacións da mesma, e que nos guiaron ao longo da mañá.
Amegrove é unha empresa basada nun minifundio de pequenas explotacións de ámbito familiar creada no ano 1977 e adicada ó cultivo e a comercialización do mexillón. Actividade que se reflexa tanto na venta á propia empresa, coma na venta a outras depuradoras.
Polo de agora a producción de AMEGROVE destínase aproximadamente nun 95 % ó consumo en fresco e o resto a conserva, pero é a nosa intención que coa recente creación de FRIGOAMEGROVE se destine parte desta producción á venta de mexillón cocido, precocinado, pasteurizado, etc.
A visita iniciase á beira do porto no que entra o mexillón e explicouselle ao alumnado o inicio da produción de mexillón do campesiñado local hai xa un século, da distribución das bateas na ría, das características principais dunha batea, da produción dunha batea…
Ás costas do lugar onde nos atopabamos había un Centro de Interpretación do Mar, onde o alumnado recibiu unha explicación con material audiovisual sobre a colocación das crías de mexillón nas cordas da batea para engordalas durante 6 meses na ría. Rematada a explicación, subimos ao primeiro andar, onde se lles explicou como se producían as cordas que colgaban da batea. Tamén puideron gozar dun obradoiro no que se lles facilitou un anaco de corda e unha bóla, para poder facer un chaveiro de nó.
Abandonamos o Centro de Interpretación para dirixirnos á cooperativa AMEGROVE e decidimos dividir o grupo en dous para que poideran visitar as instalacións máis facilmente. Visitáronse varias zonas polas que pasa o mexillón desde a súa chegada nos barcos: o laboratorio onde se analiza o mexillón e se comproba se é apto para o consumo humano, a nave onde se depuran durante 4 ou 5 días, a sala de limpeza do mexillón, a separación do mexillón que se consumirá fresco e o mexillón que se vai conxelar, o proceso de conxelación do mexillón e o envasado.
Despois de coñecer todo o proceso do mexillón, fomos degustar o produto. Os/as guías aproveitaron este momento para facilitarlle ao alumnado material informativo de AMEGROVE, así como unha listaxe de receitas para cociñar o Mexillón de Galicia. Ás 14:00 horas dase por rematada a visita a cooperativa.
Deseguido mostramos algunhas imaxes da visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario