Preto de 150 alumnos e alumnas dos centros da ESO da cidade participan desde hoxe nunhas xornadas formativas no CEI-Nodus
O Concello de Lugo continúa a promover entre a mocidade lucense a creación de empresas na forma xurídica de cooperativa, así como promover os valores de solidariedade e voluntariedade, valores positivos para a sociedade en xeral.Nesta ocasión, a Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, organizou unha serie de actividades formativas de promoción e fomento do cooperativismo dirixidas a alumnos de ESO dos centros de ensino da cidade de Lugo.
![]() | ![]() |
O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo acolleu o 18 de outubro a primeira xornada formativa na que participaron 23 alumnos e alumnas do IES Lucus Augusti. Os mozos e mozas recibiron unha charla teórico-práctica sobre o autoemprego e a creación de cooperativas. Despois participaron na realización dun taller práctico no que se reproduce a forma de traballo característica das cooperativas.


No hay comentarios:
Publicar un comentario