Certame de fotografía cooperativismo e valores cooperativos 2009


O Concello de Lugo, dentro das actividades de promoción do cooperativismo, convoca un concurso de fotografía co obxectivo de fomentar os valores cooperativos e o cooperativismo na nosa sociedade.

1ª.- Participantes
Poderán tomar parte no concurso todas aquelas persoas interesadas en participar.

2ª.- Categoría.
Establécese unha única categoría cun único premio, na cal as fotografías deberán facer referencia ao cooperativismo e aos valores que o inspiran.

3ª.- Condicións xerais:

- Cada persoa poderá presentar unha única obra.

- As obras deberán ser orixinais, e non poderán ter participado noutros concursos.

- As fotografías poderán ser realizadas con cámara fotográfica ou teléfono móbil.

- Serán rexeitadas todas as imaxes que atenten contra a política municipal en materia de igualdade, solidariedade, non violencia, respecto á diferenza, e todas aquelas que presiden e informan a actividade municipal.

- No caso de menores de idade, a participación no concurso implicará a autorización tácita dos seus pais, nais, titoras ou titores.

- A participación no concurso supón a cesión de forma gratuíta dos dereitos de comunicación e reprodución pública para a difusión das fotografías polo Concello de Lugo en calquera medio dixital ou escrito.

A remisión das fotografías realizarse a través da entrega delas, persoalmente ou por correo ordinario, nun sobre pechado, no interior do cal figurará a fotografía asinada na súa parte posterior cun pseudónimo, e un sobre que conterá os datos da persoa participante e o pseudónimo empregado. No exterior do sobre que conterá esta documentación figurará o seguinte enderezo: Centro de Servizos Municipais, Rexistro Xeral do Concello de Lugo, ronda da Muralla, número 197, 27002 Lugo, indicando Concurso de fotografía “Cooperativismo e valores cooperativos” (CEI-NODUS).
As fotografías entregadas fóra de prazo non serán admitidas no concurso.

- O prazo de presentación será ata o 31 de outubro de 2009.

- A título informativo, recórdase que o uso de imaxes e música preexistentes necesita a autorización escrita de quen posúa os seus dereitos; se aparecesen persoas recoñecibles a través de primeiros planos ou entrevistas, será necesaria a súa autorización e coñecer para o que están sendo fotografadas

4ª.- Premios e xurado.

Establécese como premio o seguinte:

1º: Unha cámara fotográfica SONY DSCW290

Unha selección dos traballos será exhibida na web http://www.cei.lugo.es/

O xurado estará composto por:
- 1 Representante da Concellería de Economía e Emprego do Concello de Lugo
- 1 Representante da Concellería de Xuventude do Concello de Lugo
- 1 Representante da Delegación Provincial do Consello Galego de Cooperativas
- 1 Representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

Así mesmo, e para os efectos do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa de desenvolvemento, autorízase a utilización dos datos persoais contidos no formulario de participación para o seu tratamento informático na xestión da participación á que se refire.

No hay comentarios: