Pode o meu instituto participar na Aula Emprendedora CEI NODUS?

Unha vez rematada o proxecto, a Aula Emprendedora CEI NODUS, pon a disposición de todos os institutos interesados o material desenvolto baixo o proxecto.

Se estás interesado en participar ou solicitar a documentación, podes porte en contacto có CEI NODUS a través do e-mail pait@cei.lugo.es

Descarga os 7 temas do proxecto Aula Emprendedora CEI NODUS

Xá está dispoñible para a súa descarga os temas postos a disposición dos alumnos/as que pasaron polo proxecto Aula Emprendedora CEI NODUS.

A concelleira, Sonia Méndez, clausura o proxecto Aula Emprendedora CEI NODUS

A Concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo acudiú a derradeira xornada do proxecto Aula Emprendedora CEI NODUS.

Sonia Méndez mostrouse moi satisfeita e así trasmitiullo aos alumnos/as participantes no proxecto, xa que todos/as mostraron o seu interese e amosaron unha boa capacidade para levar a cabo novos proxectos no futuro. Dende o CEI NODUS apoiaranse novas iniciativas e axudarase a emprender novos proxectos que a xente nova quera por en marcha.

Futuros atletas e educadores físicos participan tamén nas cooperativas

O carto grupo en partipar no proxecto foi o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Nesta ocasión o alumnado veu dos cursos 1º e 2º de animación de actividades físicas e deportivas e 1º de técnico de atletismo.

Como nas xornadas precedentes os alumnos/as participaron na charla sobre fomento do cooperativismo e no taller de avións. Todos os participantes compretaron as actividades moi satisfaitoriamente, ademáis o 100% do alumnado, que moi pronto atoparase no mercado laboral, estaba moi interesado en coñecer as distintas fórmulas que pode elixir unha vez que remate os seus estudos.

Terceiro día do taller Aula Emprendedora CEI NODUS có instituto Divina Pastora












Os alumnos e alumnas do CPR Divina Pastora tamén participaron no proxecto Aula Emprendedora CEI NODUS o pasado 28 de outubro.

A xornada comezou coa charla de presentación ao alumnado sobre o traballo e un aspecto tan importante como é emprender. O alumnado participou na charla aportando as súas impresións sobre traballar nunha empresa, por conta propia ou na administración pública. A charla centrouse nas cooperativas. Os alumnos/as mostraron o seu interese polas mesmas citando algunhas das cooperativas galegas que coñecían.

A segunda actividade o taller de avións, foi moi participativo. Dende o primeiro momento o instituto que foi dividido en distintas cooperativas competiu para alcanzar os mellores resultados e fabricar o maior número de avións para a súa venta.

Na segunda parte do taller, dúas cooperativas firmaron un acordo para alcanzar os resultados demandados polo cliente. Aínda da boa intención do acordo, firmado por escrito na folla de acordos, mostrouse cómo é moi importante ter claro e chegar a un acordo no que ambas partes non teñan dúbidas. Pois o papel puso de manifesto cómo unha cooperativa pensaba que estaba a firmar outras condicións. Maila este percance, o taller continuou con total normalidade. E os nenos e nenas mostraronse moi satisfeitos coa actividade.

Todos foron premiados cun USB dun xiga de capacidade.

Os alumnos e alumnas dos institutos IES Mercedes e IES Leiras Pulpeiro xuntos na Aula Emprendedora


Os dous institutos, IES Mercedes e IES Leiras Pulpeiro, participaron conxuntamente nas actividades propostas baixo a Aula Emprendedora CEI NODUS.



O alumnado de ambos institutos participou conxuntamente. Alumnos e alumnas de ambos institutos que non se coñecían previamente mesturáronse na actividade e colaboraron para obter os mellores resultados.