O IES Piringalla inaugura a semá de "Aula emprendedora CEI NODUS"



O IES Piringalla inaugura a semá de "Aula emprendedora CEI NODUS"

O IES Piringalla participou o pasado xoves día 24 na actividade posta en marcha polo CEI Nodus "Aula emprendedora CEI NODUS".
Un total de 25 alumnos/as do centro levaron a cabo o taller que consitiu nunha charla inaugural dinamizada con audiovisuais e exercicios, nos que participaron os nenos e nenas coas súas visións sobre o traballo.
Na segunda parte da xornada os estudantes constituíronse en 5 cooperativas. A través da actividade interactiva levada a cabo durante dúas horas, os alumnos e alumnas, tiveron que decidir o organigrama da súa cooperativa, organizar a súa produción e vender. Ao remate analizáronse as contas de resultados de cada cooperativa.

A experiencia foi positiva e o alumnado terminou a xornada satisfeito, comprendendo a importancia de emprender e coñecendo unha forma máis de agrupación empresarial, común e nalgúns casos descoñecida para os estudantes: a cooperativa.