
Os alumnos e alumnas do CPR Divina Pastora tamén participaron no proxecto Aula Emprendedora CEI NODUS o pasado 28 de outubro.
A xornada comezou coa charla de presentación ao alumnado sobre o traballo e un aspecto tan importante como é emprender. O alumnado participou na charla aportando as súas impresións sobre traballar nunha empresa, por conta propia ou na administración pública. A charla centrouse nas cooperativas. Os alumnos/as mostraron o seu interese polas mesmas citando algunhas das cooperativas galegas que coñecían.
A segunda actividade o taller de avións, foi moi participativo. Dende o primeiro momento o instituto que foi dividido en distintas cooperativas competiu para alcanzar os mellores resultados e fabricar o maior número de avións para a súa venta.
Na segunda parte do taller, dúas cooperativas firmaron un acordo para alcanzar os resultados demandados polo cliente. Aínda da boa intención do acordo, firmado por escrito na folla de acordos, mostrouse cómo é moi importante ter claro e chegar a un acordo no que ambas partes non teñan dúbidas. Pois o papel puso de manifesto cómo unha cooperativa pensaba que estaba a firmar outras condicións. Maila este percance, o taller continuou con total normalidade. E os nenos e nenas mostraronse moi satisfeitos coa actividade.
Todos foron premiados cun USB dun xiga de capacidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario