Degustación produtos das cooperativas - ALUME

Descripción da visita a Arzúa feita polos usuarios do centro:

Salimos de Lugo para hacer una excursión a Arzúa invitados por el Ayuntamiento de Lugo y la Consellería de Traballo e Benestar. Fuimos por Melide, Palas de Rey...y una vez allí visitamos una cooperativa llamada ”ERIKA MEL”. Tuvimos una visita guiada, nos explicaron como trabajan, es decir, todo el proceso de la miel. Primero nos enseñaron las colmenas, como llevan el polen para la colmena, que son 4 meses los que necesita como periodo de elaboración y posteriormente, vimos las máquinas que van mezclando la miel y echando en cada frasco el contenido exacto y tapando los frascos.
Después pasamos a otra sala en donde vimos los bidones para la miel que son los que traen los socios de la cooperativa. Fue entonces, cuando nos ofrecieron una degustación de distintos quesos y miel que estuvo francamente bien, tanto fue así, que compramos varios productos para llevar a casa. En resumen, una mañana distinta e interesante. Gracias por la invitación!

Texto de Paz, Silvia, Pily, Isa, Ramón, Susana y Armando.

Galería fotográfica de la degustación









Degustación produtos das cooperativas nas entidades participantes

Para finalizar as xornadas de cooperativismo entregouse a cada entidade que participou nas distintas actividades unha mostra dos productos dalgunha das cooperativas que participaron na xornada de clausura (queixo de cabra, mel e infusións), para que poidesen facer degustacións nos distintos centros. Deseguido aparecen as fotografías das devanditas degustacións.


IES - Ollos Grandes








Xoan Montes







IES Lucus Augusti




Xornada de Clausura - Emprendendo e Cooperando


O martes 26 de outubro de 2010 tivo lugar no salón de actos do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo a xornada “Emprendendo e Cooperando” como conclusión das actividades de fomento e promoción do cooperativismo levadas a cabo polo Concello de Lugo durante o mes de outubro e subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

O programa da xornada desenvolveuse do seguinte xeito:

10:30 – Entrega de documentación. Dentro da documentación, achegáronse os dous caderniños de cooperativismo, información relacionada co ente organizador e mostras de produtos proporcionado polas cooperativas que interviñeron na xornada.

11:00 – Inauguración da xornada realizada pola concelleira de Economía e Emprego, D.ª Sonia Méndez.



11:15 – Iníciase a mesa redonda conducida pola concelleira de Economía e Emprego, coa exposición das experiencias de catro membros das cooperativas invitadas:

Milhulloa, representada por Carmela Valiño Vázquez - socia fundadora.
Como Cabras, representada por Jorge Luís Rincón Suz - socio fundador.
Moega, representada por Mª Paz de la Fuente Romay – presidenta.
Erica Mel, representada por Gonzalo Calvo Díaz, veterinario de AGA - Asociación Galega de Apicultura- e socio traballador da cooperativa.
Cada un deles e durante un tempo non superior a 20 minutos, relatou os comezos da súa andaina cooperativista e describiu o seu modelo de negocio, tanto no inicio como na actualidade. O material empregado polos relatores foron imaxes, presentacións en Microsoft Power Point e un vídeo promocional, respectivamente. A esta xornada asistiron en torno a 50 persoas, aínda que non todos asinaron a lista de asistentes.




12:20 – A xornada continuou coa entrega de premios dos/as gañadores/as dos “Concursos de fotografía e imaxe corporativa de cooperativismo e valores galegos”, que entregaron D. Xoán Miguel Concheiro Abal -Subdirector Xeral de Cooperativismo e Economía Social, D.ª Sonia Méndez -concelleira de Economía e Emprego-, D.ª Carmen Basadre -concelleira de Muller e Benestar Social-, e D.ª Mª Esther Muñoz Mella -directora da Escola de Arte Aplicada e Superior de Deseño Ramón Falcón.

As gañadoras dos premios do “Concurso de fotografía, cooperativismo e valores cooperativos”, foron:

1º premio: Begoña Pérez López.
Premio entregado: Ultraportátil Acer Aspire One.
2º premio: Alba Navarrete Rodríguez.
Premio entregado: Disco duro Multimedia.
3º premio: María Teresa Crende Otero.
Premio entregado: Marco Dixital.

Os/as gañadores/as dos premios do “Concurso de Imaxe Corporativa Cooperativismo Galego”, foron:

1º premio: Lucía Sanmartino Cuesta.
Premio entregado: Ultraportatil Acer Aspire One.
2º premio: Anxo Vizcaíno López.
Premio entregado: Disco duro Multimedia.
3º premio: Jonay Quintana Cabrera.
Premio entregado: Marco Dixital.






12:40 – Clausura da xornada a cargo da Concelleira de Economía e Emprego, D.ª Sonia Méndez.

12:50 – Degustación de produtos achegados polas cooperativas Como Cabras, Milhulloa e Erica Mel. Os produtos a degustar foron os seguintes: Infusións Té Vermello, Melisa e Menta de Milhulloa; queixo de cabra curado, queixo de cabra en aceite e crema de queixo de cabra de Como Cabras e mel de Erica Mel.